¿Quenes somos?

O Faiado da Loba

Naceu da ilusión de crear un espazo diferente e acolledor para os nosos clientes.

Baseámonos nas lembranzas dos nosos avós, cando nos amosaban un lugar da casa onde te podías perder, atopando todo tipo de obxectos gardados con receo e cariño, en moitas ocasións durante moitos anos, pezas incribles.

Sempre chamamos a este espazo O FAIADO (buhardilla).

Neste caso, decidimos recrear na nosa tenda un pouco dese recuncho tan especial das nosas casas onde atopabas auténticas xoias. E polo tanto tamén o nome da tenda O FAIADO DA LOBA alcumes que se lle daban ás familias de pequenas cidades como a nosa. A idea é unha pequena recreación da casa da avoa. (A loba)

Esta tenda créase en abril de 2019 cunha selección de produtos de decoración e fogar e produtos gourmet.

Os produtos de decoración e fogar están ligados principalmente ás tendencias retro, vintage e industriais.

En canto aos produtos Gourmet, ofrecemos unha ampla gama de produtos locais como: conservas, patés, licores, viños, marmeladas e meles, chocolates, etc.

Unha das nosas especialidades está no AGASALLO xa que facemos creacións de cestas de agasallo con todos os produtos da nosa tenda, SORPRENDERANTE!!!